Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 5 de decembro de 2019 Páx. 52062

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Portas

ANUNCIO de convocatoria dunha praza de administrativo por promoción interna.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 204, do 23 de outubro de 2019, publicouse o anuncio relativo ás bases, así como a convocatoria que rexerá o proceso selectivo para o acceso a 1 praza vacante de administrativo do Concello de Portas, por promoción interna, incluída na oferta de emprego público do ano 2018.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do días seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan, de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia e na sede electrónica deste Concello http://portas.sedelectronica.gal

Portas, 30 de outubro de 2019

Ricardo Martínez Chantada
Alcalde