Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 5 de decembro de 2019 Páx. 52061

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO da convocatoria e das bases específicas do proceso selectivo para o acceso a unha praza de inspector principal da Policía local.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 256, do 7 de novembro de 2014, foron publicadas integramente as bases xerais para acceso en propiedade a prazas de funcionarios e persoal laboral do Concello de Lugo, en quenda de promoción interna.

Igualmente, no Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 39, do 15 de febreiro de 2019, foi publicada unha modificación das devanditas bases xerais.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 236, do 15 de outubro de 2019, foi publicada unha resolución relativa á convocatoria e ás bases específicas que rexerán, xunto coas bases xerais mencionadas anteriormente, o seguinte proceso selectivo:

Persoal funcionario:

Decreto número 19008451, do 4.10.2019: 1 praza de inspector/a principal Policía local; escala: Administración especial; subescala: servizos especiais; clase: Policía local e auxiliares; grupo de titulación A (subgrupo A2). Sistema selectivo: concurso-oposición. Quenda: promoción interna.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Lugo, 21 de outubro de 2019

A alcaldesa
P.D. (Decreto nº 19005684, do 1.7.2019
modificado polo Decreto nº 19005695, do 3.7.2019)
Mercedes Paula Alvarellos Fondo
Tenenta de alcaldesa delegada da Área de Gobernanza,
Economía e Recursos Humanos