Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 9 de decembro de 2019 Páx. 52235

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2019, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 pola que se lle da publicidade a diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o día 29 de novembro de 2019, o tribunal nomeado pola Orde do 31 de maio de 2019 (DOG núm. 107, do 7 de xuño), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 48, do 8 de marzo),

ACORDOU:

Primeiro. Realizar os trámites oportunos para publicar as cualificacións obtidas polas persoas aspirantes que se presentaron ao segundo exercicio do proceso selectivo no lugar onde se realizou o exercicio e no portal web corporativo www.funcionpublica.xunta.gal.

Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.1.2 da convocatoria, así como no acordo do tribunal sobre criterios de corrección, valoración e superación do segundo exercicio do proceso selectivo do 18 de outubro de 2019, son consideradas aptas do segundo exercicio do proceso selectivo as persoas aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de dezasete con cinco (17,5). Para estes efectos, fíxase en corenta e un (41) o número máximo de aspirantes que superaron o exercicio, ao teren acadado as mellores puntuacións no conxunto de todas as quendas e cunha puntuación mínima maior que cero con un (0,1) en cada un dos supostos que conten o caso práctico.

Terceiro. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación coas puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. De acordo co disposto na base II.1.1.4 da convocatoria, os aspirantes que superaron o segundo exercicio disporán dun prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para presentar a documentación xustificativa (orixinais ou fotocopias compulsas) de estar en posesión do Celga 4 ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo).

Quinto. De conformidade co disposto na base IV.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2019

Margarita Rodríguez Rama
Presidenta do tribunal