Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 9 de decembro de 2019 Páx. 52315

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

ANUNCIO do 25 de novembro de 2019, da Área Provincial de Turismo da Coruña, polo que se notifica a resolución ditada no procedemento TU986D, competencia desta área provincial (expediente RITGA E-2019-004726).

De conformidade co disposto nos artigos 42, 43, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación, por medios electrónicos e postais, da resolución ditada pola directora da Axencia Turismo de Galicia sen que esta se puidese realizar, notifícase a resolución á persoa citada no anexo, que é emprazada para que no prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte á data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, compareza persoalmente ou mediante persoa debidamente acreditada na Área Provincial de Turismo da Coruña da Consellería de Cultura e Turismo (rúa Vicente Ferrer, 2-2º, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, para coñecer o contido íntegro da resolución. Advírtese que, de non comparecer, se considerará notificada.

Contra esta resolución poderá interpor recurso potestativo de reposición ante a Axencia Turismo de Galicia no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, conforme o disposto nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 25 de novembro de 2019

Mª del Camino Triguero Salas
Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Establecemento: vivenda de uso turístico.

Solicitante: Iago Fariña Feira.

NIF: ***3920**.