Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 9 de decembro de 2019 Páx. 52316

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Fondo Galego de Garantía Agraria

ANUNCIO do 25 de novembro de 2019 polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia na resolución do procedemento de reintegro do expediente 802/32/2015/240042/1 e un máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo a cal esta notificación ten que ser feita no Boletín Oficial del Estado, sendo a súa data de publicación a que determina a eficacia do acto notificado, logo de ser intentada sen éxito a notificación á persoa titular do NIF 034395388S nos intentos practicados no seu enderezo, comunicámoslle que, o 14 de outubro de 2019, se resolveu declarar o reintegro da axuda indebidamente percibida nos expedientes 802/32/2015/240042/1 e 801/32/2015/240042/1 pola cantidade de 134,29 €.

De encontrar conforme a liquidación que se lle formula, pode vostede efectuar o pagamento da débeda mediante transferencia á conta corrente da entidade financeira Abanca núm. ES72 2080 5355 6531 1004 2831, dentro dos seguintes prazos (artigo 62 da Lei xeral tributaria):

a) Se esta publicación se realiza entre os días 1 y 15 de cada mes, desde a dita data ata o día 20 do mes posterior ou, se este non fose hábil, ata o inmediato día hábil seguinte.

b) Se esta publicación se realiza entre os días 16 e último de cada mes, desde a dita data ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non fose hábil, ata o inmediato día hábil seguinte.

Contra a resolución do expediente de referencia, que pon fin á vía administrativa, a entidade interesada poderá interpor recurso potestativo de reposición ante a Consellería do Medio Rural no prazo dun mes, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente formular recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, de acordo cos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa; contados ambos a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que considere pertinente.

Esgotado o prazo voluntario de ingreso sen que se efectuase o pagamento da débeda, procederase ao inicio do procedemento de recadación na vía de constrinximento ante a Axencia Tributaria de Galicia, de acordo coa normativa vixente.

O expediente atópase, en todo caso, á disposición do interesado, por un prazo de 15 días a contar desde a publicación deste anuncio, no Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), rúa dos Irmandiños, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2019

Silvestre José Balseiros Ginarte
Director do Fondo Galego de Garantía Agraria

ANEXO

Expedientes: 802/32/2015/240042/1 e 801/32/2015/240042/1.

NIF da persoa interesada: 034395388S

Acto de notificación: resolución do procedemento de reintegro dos expedientes 802/32/2015/240042/1 e 801/32/2015/240042/1.