Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 9 de decembro de 2019 Páx. 52288

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 20 de novembro de 2019, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Porteliñas a favor dos veciños de Bascois, Carballeda e Santa Cruz, nas parroquias de Carballeda (San Vicenzo) e Santa Cruz (Santa Cruz), no concello de Carballeda de Valdeorras (Ourense).

En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión que tivo lugar con data do 4 de xuño de 2019, adoptou a seguinte resolución:

«Examinado o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Porteliñas a favor dos veciños de Bascois, Carballeda e Santa Cruz, nas parroquias de Carballeda (San Vicenzo) e Santa Cruz (Santa Cruz), no concello de Carballeda de Valdeorras (Ourense), resultan os seguintes feitos:

Primeiro. Con data do 6 de xullo de 2017 tivo entrada no rexistro da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural un escrito dirixido ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Cesáreo Ramos Gómez en que solicita a clasificación como veciñal en man común de varias parcelas denominadas Porteliñas.

Segundo. Con data do 1 de agosto de 2018, o Xurado Provincial acorda iniciar o expediente de clasificación como veciñal en man común do referido monte, designando instrutor e realizando as comunicacións e publicacións a que fan referencia os artigos 20, 21 e 23 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, co que se abriu un período dun mes para a práctica de alegacións.

Terceiro. No prazo concedido para a práctica de alegacións non consta que se presentase ningunha.

Cuarto. O monte obxecto de clasificación, de acordo coa documentación que consta no expediente, descríbese así:

Nome do monte: Porteliñas.

Superficie: 6,95 ha.

Pertenza: veciños/as de Bascois, Carballeda e Santa Cruz.

Parroquias: Carballeda (San Vicenzo) e Santa Cruz (Santa Cruz).

Concello: Carballeda de Valdeorras.

Descrición dos predios que constitúen o monte:

Os terreos obxecto da solicitude son os constituídos pola parcela catastral seguinte:

Parcela en clasificación

Parcelas estremeiras (perímetro exterior)

Concello

Polígono

Parcela

Referencia catastral

Linde

Polígono

Parcelas

Carballeda de Valdeorras

39

1531

32018A039015310000IY

Norte

39

1279-1278-1274-1268-1517-1260-1518-1252

Leste

39

1608-1337-1336-1335-1334-1332-1331-1330-1329-1322-1323

Sur

39

9008

Oeste

39

1321-1320-1306-1298-1299-1287-1286-1282

Parcela estremeira (perímetro interior)

Ref. catastral

002400200PG79C0001JA

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común é o órgano competente para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter, de acordo co establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Segundo. De conformidade co disposto no artigo 1 da devandita lei, “son montes veciñais en man común... os que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades produtivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e se veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade sen asignación de cotas polos membros daquelas na súa condición de veciños”.

Terceiro. É reiterada doutrina da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo que son dúas as notas características dos montes veciñais en man común: unha, o aproveitamento consuetudinario en man común, e outra, a atribución da titularidade dese aproveitamento aos veciños integrantes dun grupo social determinado, independentemente da súa cualificación ou non como entidade administrativa, e que corresponde constatar o aproveitamento e atribuír a titularidade a favor do grupo social que o veña gozando ao xurado provincial de clasificación.

Cuarto. O carácter de monte veciñal en man común tense acreditado mediante as testemuñas dos veciños solicitantes, as actuacións realizadas polo Servizo de Montes e a documentación que consta no expediente.

En consecuencia co que antecede, examinada a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, o Decreto 149/2018, do 5 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural, e demais normativa legal e regulamentaria, o Xurado Provincial, por unanimidade dos seus membros,

RESOLVE:

Clasificar como monte veciñal en man común o monte denominado Porteliñas a favor dos veciños de Bascois, Carballeda e Santa Cruz, nas parroquias de Carballeda (San Vicenzo) e Santa Cruz (Santa Cruz), no concello de Carballeda de Valdeorras (Ourense), de acordo coa descrición realizada no feito cuarto.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989, nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa».

Ourense, 20 de novembro de 2019

Yago Borrajo Sánchez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense