Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 9 de decembro de 2019 Páx. 52286

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 20 de novembro de 2019, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo ao inicio do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Ouzal a favor dos veciños/as da parroquia de Bangueses (San Miguel), no concello de Verea (Ourense).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión do 4 de xuño de 2019, acordou iniciar os trámites para a clasificación como veciñal en man común do monte coas características que de seguido se relacionan:

Nome do monte: Ouzal.

Superficie: 6,31 ha.

Pertenza: CMVMC da parroquia de Bangueses (San Miguel).

Parroquia: Bangueses (San Miguel).

Concello: Verea.

Descrición dos predios que constitúen o monte:

Os terreos obxecto da solicitude constitúen un único couto redondo, segundo a definición que figura no artigo 8 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia. As parcelas catastrais están separadas por camiños que corresponden á parcela catastral nº 9018, do polígono 96, e á parcela catastral nº 9005, do polígono 27, do concello de Verea. O monte está constituído polas tres parcelas catastrais seguintes:

Concello

Polígono

Parcelas

Verea

96

1168

97

567-568

a) Perímetro exterior:

Parcelas catastrais estremeiras:

Linde

Concello

Polígono

Parcelas/Ref. catastrais

Norte

Verea

96

9009-9018

Leste

Verea

97

21-22-23-24-25-26-27-28-29-31-32-33-34-37-38-39-40-41-42-43

Sur

Verea

97

72-9005

Oeste

Verea

96

9018

b) Perímetro interior (encravados):

Como xa se citou anteriormente, as parcelas catastrais que constitúen o monte están separadas por camiños que corresponden á parcela catastral nº 9018, do polígono 96, e á parcela catastral nº 9005, do polígono 27, do concello de Verea.

O que se pon en coñecemento de todos os interesados indicándolles que se abre un período dun mes para que poidan examinar o expediente e efectuar as alegacións que consideren convenientes, así como achegar os documentos ou informacións que xulguen oportunas, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Ourense, 20 de novembro de 2019

Yago Borrajo Sánchez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Ourense