Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 9 de decembro de 2019 Páx. 52298

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 20 de novembro de 2019, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se fai pública a Resolución do 17 de outubro de 2019 e a corrección de erros do 28 de outubro de 2019, ditadas polo director xeral de Desenvolvemento Rural, en relación co expediente de concentración parcelaria de San Millao (Cualedro-Ourense).

De conformidade co disposto na disposición transitoria sexta, número 2, da Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia, faise pública por medio do presente anuncio a Resolución do 17 de outubro de 2019 e a corrección de erros do 28 de outubro de 2019, ditadas polo director xeral de Desenvolvemento Rural, en relación co expediente da zona de concentración parcelaria de San Millao (Cualedro-Ourense).

Así mesmo, este anuncio publicarase na web da consellería do Medio Rural, no diario de maior tiraxe da provincia e nos lugares de costume.

Estas resolucións afectan unha pluralidade de propietarios da zona que, para coñeceren o contido íntegro delas poderán comparecer nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, rúa Florentino López Cuevillas, nº 4-6, baixo, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, teléfono 988 38 64 89.

Ourense, 20 de novembro de 2019

Yago Borrajo Sánchez
Xefe territorial de Ourense