Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 10 de decembro de 2019 Páx. 52354

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 2019, da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, pola que se fai público o crédito destinado á concesión das axudas previstas para a anualidade 2020, do Real decreto 196/2010, do 26 de febreiro, polo que se establecen medidas para facilitar a reinserción laboral, así como o establecemento de axudas especiais, aos traballadores afectados polos expedientes de regulación de emprego 76/2000, do 8 de marzo de 2001, e 25/2001, do 31 de xullo.

O 27 de febreiro de 2010 publícase no Boletín Oficial del Estado o Real decreto 196/2010, do 26 de febreiro, polo que se establecen medidas para facilitar a reinserción laboral, así como o establecemento de axudas especiais aos traballadores afectados polos expedientes de regulación de emprego 76/2000, do 8 de marzo de 2001, e 25/2001, do 31 de xullo.

O 4 de outubro de 2011 publícase no Diario Oficial de Galicia a Orde do 20 de setembro de 2011, pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións ao abeiro do Real decreto 196/2010, do 26 de febreiro, polo que se establecen medidas para facilitar a reinserción laboral, así como o establecemento de axudas especiais aos traballadores afectados polos expedientes de regulación de emprego 76/2000, do 8 de marzo de 2001, e 25/2001, do 31 de xullo.

Posteriormente, mediante o Real decreto 1783/2011, do 16 de decembro, modificouse o Real decreto 196/2010, do 26 de febreiro, e estableceuse unha axuda adicional á prevista neste para os traballadores afectados polos expedientes de regulación de emprego citados, desempregados maiores de cincuenta e dous anos, para os exclusivos efectos de financiar a subscrición dun convenio especial coa Seguridade Social pola perda do nivel de cotización que puideren sufrir tales traballadores como consecuencia da perda de emprego.

Por tanto, para recoller o previsto no Real decreto 1783/2011, do 16 de outubro, modifícase a Orde do 20 de setembro de 2011, para os efectos de regular a dita axuda adicional, modificación realizada pola Orde do 31 de outubro de 2013.

Posteriormente, foi necesario establecer un procedemento de concesión directa, aberto e permanente, aplicable tanto para o recoñecemento inicial do dereito á subvención como para a renovación da súa percepción, nos supostos de suspensión desta, polo que se publica a Orde do 28 de abril de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión da subvención especial e da contía adicional previstas no Real decreto 196/2010, do 26 de febreiro, polo que se establecen medidas para facilitar a reinserción laboral, así como o establecemento de axudas especiais aos traballadores afectados polos expedientes de regulación de emprego 76/2000, do 8 de marzo de 2001, e 25/2001, do 31 de xullo (DOG núm. 96, do 22 de maio de 2017), que derroga a anterior Orde do 20 de setembro de 2011.

O financiamento do custo da subvención especial e da contía adicional procede de transferencias de fondos do Servizo Público de Emprego Estatal, que se consigna no seu orzamento tal e como establece o artigo 3.2 do Real decreto 196/2010, do 26 de febreiro.

Esta convocatoria tramítase ao abeiro do disposto no artigo 25 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e do artigo 1.1 da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998, pola que se regula a tramitación anticipada de expedientes de gasto, modificada pola Orde do 27 de novembro de 2000 e pola do 25 de outubro de 2001, ao existir crédito adecuado e suficiente no proxecto de lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020, aprobado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día 17 de outubro de 2019. A concesión da subvención queda sometida á condición suspensiva de existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución.

Coa finalidade de proceder ao pagamento da subvención dos traballadores afectados polos expedientes de regulación de emprego 76/2000, do 8 de marzo de 2001, e 25/2001, do 31 de xullo, correspondente ao exercicio 2020, procédese a publicar a presente resolución.

Por todo o exposto, e no uso das facultades que me foron concedidas,

RESOLVO:

Artigo 1. Publicidade do crédito para o exercicio 2020

1. O pagamento da subvención especial, así como da cantidade adicional devindicada no exercicio 2020 aos traballadores afectados polos expedientes de regulación de emprego 76/2000, do 8 de marzo de 2001, e 25/2001, do 31 de xullo, financiarase con cargo aos créditos xerados na aplicación 09.41.322A.480.2, código de proxecto 2013 00544, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2020, por un importe total de 250.000 euros. De acordo coas normas que regulan a tramitación anticipada dos expedientes de gasto, a concesión das subvencións queda sometida á condición suspensiva de existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución.

2. En canto ao procedemento de aprobación do gasto e pagamento das axudas establecidas nesta resolución, observarase o disposto no artigo 31.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e na Orde do 28 de abril de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión da subvención especial e da contía adicional previstas no Real decreto 196/2010, do 26 de febreiro, polo que se establecen medidas para facilitar a reinserción laboral, así como o establecemento de axudas especiais aos traballadores afectados polos expedientes de regulación de emprego 76/2000, do 8 de marzo de 2001, e 25/2001, do 31 de xullo.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2019

Pablo Casal Espido
Director xeral de Orientación e Promoción Laboral