Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 10 de decembro de 2019 Páx. 52352

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2019, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se fai pública a inclusión dunha formación no Catálogo galego de árbores senlleiras.

En cumprimento do disposto no artigo 4.8 do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo galego de árbores senlleiras, modificado polo Decreto 10/2015, do 22 de xaneiro,

RESOLVO:

Facer pública a inclusión dunha formación no Catálogo galego de árbores senlleiras, mediante a Resolución do 28 de novembro de 2019, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural:

Data de solicitude: 12.12.2017.

Código: 39F.

Nome da formación: Carreira de buxos do pazo Quinteiro da Cruz.

Especie: Buxus sempervirens L.

Localidade: pazo Quinteiro da Cruz.

Concello: Ribadumia.

Provincia: Pontevedra.

Coordenadas X/Y (UTM ETRS89 fuso 29): 522.308/4.708.763.

Motivo da catalogación: dimensións, estado de conservación.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2019

Belén María do Campo Piñeiro
Directora xeral de Patrimonio Natural