Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 10 de decembro de 2019 Páx. 52423

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cabanas

ANUNCIO da oferta de emprego público para 2019.

Mediante a Resolución da Alcaldía 1113/2019, do 14 de novembro de 2019, aprobouse a oferta de emprego público do Concello de Cabanas para o exercicio de 2019, que comprende as prazas que a seguir se relacionan:

Persoal funcionario de carreira:

Nº prazas

Denominación

Escala

Subescala

Grupo

Subgrupo

Quenda

1

Técnico de emprego e desenvolvemento económico

Administración especial

Técnica

A

A2

Promoción interna

1

Animadora cultural e actividades recreativas

Administración especial

Técnica

C

C1

Promoción interna

O que se fai público en cumprimento do establecido no artigo 91.1 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local; artigo 204 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e artigo 128 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ferrol, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da referida publicación, sen prexuízo de que se poida interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente.

Cabanas, 18 de novembro de 2019

Carlos Ladra Brage
Alcalde