Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 10 de decembro de 2019 Páx. 52424

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Paderne de Allariz

ANUNCIO da oferta de emprego público para 2019.

Mediante a Resolución da Alcaldía do 18 de novembro de 2019, e de acordo co establecido no artigo 70 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, adoptouse o seguinte acordo:

1º. Aprobar a oferta de emprego público deste concello para o ano 2019, que contén os seguintes postos de traballo:

Funcionarios de carreira:

Grupo

Subgrupo

Nº de vacantes

Denominación

C

C1

1

Administrativo/a de administración xeral

2º. Publicar a oferta de emprego público de 2019 no taboleiro de anuncios do concello, no BOP de Ourense e no Diario Oficial de Galicia.

3º. Esta oferta de emprego público executarase no prazo improrrogable de tres anos.

O que se publica de conformidade co disposto no artigo 70.2 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público.

Paderne de Allariz, 19 de novembro de 2019

José Manuel Fernández Gómez
Alcalde