Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 10 de decembro de 2019 Páx. 52426

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO relativo á ampliación dos usos autorizados na reserva dotacional RE-4 polígono 3 do Plan parcial das Fontiñas.

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 24 de outubro de 2019, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

– Ao abeiro do previsto no artigo 42.2 da Lei do solo de Galicia e no 65.7 do seu regulamento, ampliar os usos dotacionais permitidos na reserva de equipamento RE-4 (polígono 3 das Fontiñas), autorizando, ademais dos propios de sistema de equipamento, o de aparcadoiro público.

O acordo deberase adoptar co voto favorable da maioría absoluta do número legal de membros da Corporación e co asesoramento preceptivo do secretario xeral do Pleno municipal.

O acordo publicarase no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia.

Contra este acordo poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2019

O alcalde
P.D. (DEC/4742/2019, do 17 de xuño de 2019)
Mercedes Rosón Ferreiro
Concelleira delegada de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica