Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 10 de decembro de 2019 Páx. 52427

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Teo

ANUNCIO da convocatoria e das bases que regulan o proceso selectivo para a provisión, por persoal laboral fixo, dunha (1) praza de auxiliar de biblioteca correspondente á oferta de emprego público 2019.

Resolución da Alcaldía nº 937/2019, do data 18 de novembro de 2019, pola que se aproban as bases e a convocatoria para a contratación, en réxime de persoal laboral fixo, dunha praza de auxiliar de biblioteca mediante o sistema de concurso-oposición.

A Resolución da Alcaldía nº 937/2019, do Concello de Teo, do 18 de novembro de 2019, aprobou as bases e a convocatoria para a convocatoria para a contratación, en réxime de persoal laboral fixo, dunha praza de auxiliar de biblioteca mediante o sistema de concurso-oposición. O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Portal de transparencia deste concello.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña publicaranse integramente as bases da convocatoria. A praza ten as seguintes características:

Praza. denominación

Auxiliar de biblioteca

Tipo persoal

Persoal laboral fixo

Corpo/escala

Auxiliar/auxiliar de arquivos e bibliotecas

Grupo/subgrupo

C/C2

Sistema selectivo

Concurso-oposición

Sistema de acceso

Reservado a persoas con discapacidade de grao igual ou superior ao 33 %

Os sucesivos anuncios relativos ao desenvolvemento do proceso selectivo efectuaranse no taboleiro de anuncios da Corporación, na páxina web municipal e no Portal de transparencia do Concello de Teo: www.teo.gal

Teo, 19 de novembro de 2019

Rafael Carlos Sisto Edreira
Alcalde