Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 11 de decembro de 2019 Páx. 52663

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 27 de novembro de 2019, do Servizo Provincial de Pontevedra, polo que se sinala data para o levantamento das actas de ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na PO-411, treito Parderrubias (p.q. 4+260-6+250), no concello de Salceda de Caselas, de clave PO/16/105.06.

En cumprimento do disposto no artigo 49 do Regulamento de expropiación forzosa do 26 de abril de 1957, este servizo resolveu proceder a efectuar o pagamento dos depósitos previos e indemnizacións por rápida ocupación correspondentes a expedientes de expropiación forzosa instruídos para o termo municipal de Salceda de Caselas, con motivo das obras de construción do itinerario peonil e ciclista na PO-411, treito Parderrubias (p.q. 4+260-6+250), no termo municipal de Salceda de Caselas, aos propietarios dos predios cuxa relación figura exposta no taboleiro de anuncios do concello referido.

En cumprimento do artigo 55 do Regulamento de expropiación forzosa do 26 de abril de 1957, convócase ao acto de formalización das actas de ocupación que terá lugar:

Concello: Salceda de Caselas.

Lugar: Casa do Concello de Salceda de Caselas.

Data: 20 de decembro de 2019.

Hora: 10.00 a 13.00 horas.

O presente acordo faise público, para xeral coñecemento, advertindo aos titulares de que na acta figurarán os donos da cousa ou titulares do dereito expropiado, e non se admitirá representación senón por medio de poder debidamente autorizado (notarial, xudicial ou do consulado), xa sexa xeral ou particular para este caso, debendo achegar a documentación necesaria para acreditar a sucesión en caso de figurar o terreo a nome de herdeiros, e que deberán identificarse co documento nacional de identidade.

Pontevedra, 27 de novembro de 2019

Manuel Ángel González Juanatey
Xefe do Servizo Provincial de Pontevedra