Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 11 de decembro de 2019 Páx. 52640

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 20 de novembro de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican as resolucións de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente LU-2016/0019 e un máis).

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas identificadas no anexo as súas respectivas resolucións de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia xa que, logo de dous intentos de notificación, esta non se puido efectuar.

As resolucións foron ditadas pola persoa titular da xefatura territorial.

O texto íntegro das resolucións que se notifican, xunto cos seus respectivos expedientes, atópanse á disposición das persoas interesadas na sede da Xefatura Territorial de Lugo, rolda da Muralla, núm. 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

As resolucións mencionadas non poñen fin á vía administrativa, polo que poden ser impugnadas en alzada diante da persoa titular da Dirección Xeral de Xustiza no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Logo de transcorrer o dito prazo sen que conste a interposición de recurso, as resolucións devirán firmes.

Lugo, 20 de novembro de 2019

Ramón Carballo Páez
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Núm. expediente

DNI/NIE/outro

Acto notificado

LU-2016/0019

ZU1381682

Resolución de cancelación da inscrición

LU-2016/0151

J158415

Resolución de cancelación da inscrición