Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 11 de decembro de 2019 Páx. 52639

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 20 de novembro de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a resolución de denegación da solicitude relativa ao procedemento de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente LU-2019/0125).

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícase ás persoas cuxos datos se mencionan no anexo a resolución de denegación da solicitude ditada no procedemento de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, expediente núm. LU-2019/0125, porque non foi posible a notificación persoal aos interesados.

A resolución foi ditada pola persoa titular da xefatura territorial.

O texto íntegro do acto que se notifica, xunto co seu respectivo expediente, atópase á disposición das persoas interesadas, as cales poden consultalo na sede da Xefatura Territorial de Lugo, rolda da Muralla, núm. 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Esta resolución non pon fin á vía administrativa, polo que pode ser impugnada en alzada diante da persoa titular da Dirección Xeral de Xustiza no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Logo de transcorrer o dito prazo sen que conste a interposición do recurso, a resolución devirá firme.

Lugo, 20 de novembro de 2019

Ramón Carballo Páez
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Núm. expediente

DNI/NIE/outro

Acto notificado

LU-2019/0125

33822454B

BT1916072

Resolución de denegación da inscrición