Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 11 de decembro de 2019 Páx. 52450

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

EXTRACTO da Orde do 5 de decembro de 2019 pola que se fai pública a ampliación da dotación orzamentaria para a concesión das axudas establecidas na Orde do 14 de agosto de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do programa Emprega Discapacidade e Exclusión, de incentivos á contratación, formación e emprego con apoio, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento TR342A).

BDNS (Identif.): 485360.

De conformidade co previsto no artigo 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Ampliación do crédito orzamentario

Amplíase o importe total do orzamento establecido na Orde do 14 de agosto de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do programa Emprega Discapacidade e Exclusión, de incentivos á contratación, formación e emprego con apoio, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento TR342A), publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 163, do 29 de agosto, na seguinte contía e aplicación orzamentaria que figura dotada nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019, 09.40. 322C 481.9, no código de proxecto 2016 00 309, nunha contía de 150.000 euros.

Segundo. Prazo de presentación de solicitudes

Estas modificacións non afectan o prazo establecido na referida orde para a presentación de solicitudes.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2019

Francisco Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria