Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 11 de decembro de 2019 Páx. 52451

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ORDE do 9 de decembro de 2019 pola que se publica a ampliación de crédito da Orde do 13 de agosto de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para o período 2019-2021 e se procede á primeira convocatoria das subvencións para o financiamento das accións formativas con compromiso de contratación en unidades formativas das empresas, para os exercicios 2019-2020 (código de procedemento TR301P), e se establecen as bases do Programa de incentivos á actividade laboral vinculada ás accións formativas con compromiso de contratación inmediata para os exercicios 2020-2021 (código de procedemento TR349X).

A Orde do 13 de agosto de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para o período 2019-2021 e se procede á primeira convocatoria das subvencións para o financiamento das accións formativas con compromiso de contratación en unidades formativas das empresas, para os exercicios 2019-2020 (código de procedemento TR301P), e se establecen as bases do Programa de incentivos á actividade laboral vinculada ás accións formativas con compromiso de contratación inmediata para os exercicios 2020-2021 (código de procedemento TR349X), establece no seu artigo 2.2 que se poderá ampliar a contía máxima dos créditos dispoñibles para esta convocatoria. O incremento do crédito estará condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito como consecuencia dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito, ou da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

En consecuencia, ao existiren remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito, cómpre ampliar o importe dos créditos destinados ás axudas que poderán ser concedidas ao abeiro da referida Orde do 13 de agosto de 2019, coa finalidade de ampliar a subvención ao maior número de beneficiarios posibles.

Por todo o exposto, no uso das facultades que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo único

Amplíase o importe total dos créditos destinados ás axudas que se van conceder ao abeiro da Orde do 13 de agosto de 2019, nas seguintes contías e aplicación orzamentaria, con créditos incorporados procedentes de fondos finalistas da mesma aplicación e proxecto que o crédito inicial.

Aplicación

Proxecto

Importe

2019

2020

Inicial

09.41.323A.471.0

2013 00545

1.000.000,00 €

2.000.000,00 €

Ampliación

09.41.323A.471.0

2013 00545

1.530.746,33 €

Total

09.41.323A.471.0

2013 00545

1.000.000,00 €

3.530.746,33 €

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2019

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria