Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 11 de decembro de 2019 Páx. 52656

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 13 de novembro de 2019, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica a Resolución do 7 de outubro de 2019, ditada pola xefa do Servizo de Infraestruturas Agrarias, en relación co expediente da zona de concentración parcelaria de San Tomé (Cartelle, Ourense).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen practicar faranse por medio de anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG), e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

No prazo de 10 días, desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado, as persoas interesadas poderán comparecer nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural situadas na rúa Florentino López Cuevillas, nº 4-6, baixo, Ourense, das 9.00 ás 14:00 horas, de luns a venres, para coñecer o texto íntegro da resolución que se notifica.

Contra a referida resolución, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE, ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural.

Ourense, 13 de novembro de 2019

Yago Borrajo Sánchez
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Interesados:

Nº de propietario

DNI

Acto que se notifica

318

34914764M

Resolución

824

76675182J

Resolución