Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 11 de decembro de 2019 Páx. 52684

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega da Calidade Alimentaria

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2019 pola que se anuncia o concurso de ideas (anteproxectos) con intervención de xurado, por procedemento aberto con tramitación ordinaria e suxeita a regulación harmonizada, para o deseño do Centro de promoción e imaxe dos produtos agrícolas, gandeiros e forestais de Galicia, baixo a denominación de Galicia Calidade, no predio de Sergude.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia Galega da Calidade Alimentaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección da Axencia Galega da Calidade Alimentaria.

c) Número do expediente: XER-001-2019.

2. Obxecto do concurso:

a) Descrición: a transformación do predio de Sergude, onde están situadas as instalacións do Centro de Formación e Experimentación Agraria e o Pazo de Quián, nun centro de promoción e imaxe dos produtos agrícolas, gandeiros e forestais de Galicia.

b) División por premios: cinco premios.

c) Lugar de execución: Santiago de Compostela.

d) Prazo de execución: o concurso desenvolverase de acordo coas fases e co calendario establecido no prego de bases.

e) CPV:

– 71200000-0 Servizos de arquitectura e servizos conexos.

– 71300000-0 Servizos de enxeñaría.

– 71400000-2 Servizos de planificación urbana e de arquitectura paisaxística.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria e suxeita a regulación harmonizada.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso de ideas, con intervención de xurado, a nivel de anteproxecto e de acordo co establecido nos artigos 183 a 187 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

4. Orzamento total dos premios:

Importe total: 110.000 € (IVE excluído).

Desagregación por premios:

– Gañador do concurso e primeiro premio: 40.000 € (IVE excluído).

– Segundo premio: 25.000 € (IVE excluído).

– Terceiro premio: 20.000 € (IVE excluído).

– Cuarto premio: 15.000 € (IVE excluído).

– Quinto premio: 10.000 € (IVE excluído).

5. Garantías exixidas:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: non se exixe.

6. Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Axencia Galega da Calidade Alimentaria.

2º. Domicilio: avda. Camiño Francés, 10. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

3º. Teléfonos:

Axencia Galega da Calidade Alimentaria: 881 99 62 90.

4º. Telefax: 981 54 66 76.

5º. Correo electrónico: agacal@xunta.gal.

7º. Data límite da obtención de documentación e información: a mesma que para a presentación de solicitudes de participación.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Destinatarios: os descritos na cláusula 10 do prego de bases que rexe neste concurso de ideas.

b) Clasificación: non se exixe.

c) Outros requisitos: os descritos no prego de bases que rexe neste concurso de ideas.

8. Presentación de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: tres meses desde a publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de la Unión Europea.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada na cláusula 16.3.2 do prego de bases que rexerá no concurso de ideas.

c) Lugar de presentación. Directamente en:

1º. Dependencia: Axencia Galega da Calidade Alimentaria.

2º. Domicilio: avenida do Camiño Francés, nº 10.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

4º. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da oferta mediante correo electrónico ao enderezo: agacal@xunta.gal, dentro do prazo de presentación de proposicións e garantindo, en todo caso, o anonimato da proposición.

d) Prazo durante o cal o concursante estará obrigado a manter a súa oferta: haberá que aterse ao disposto no prego de bases.

9. Calendario de reunión do xurado: respecto da constitución do xurado e da adopción de acordos haberá que aterse ao disposto no prego de bases que rexerá neste concurso de ideas.

10. Outras informacións:

a) Lingua en que poderán redactarse os documentos: galego e castelán.

b) Os criterios que se empregarán para a avaliación dos traballos presentados ao concurso serán os establecidos no anexo VI do prego de bases que rexerá neste concurso de ideas.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2019

Manuel Rodríguez Vázquez
Director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria