Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 11 de decembro de 2019 Páx. 52688

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lalín

ANUNCIO de información pública de modificación puntual do Plan parcial Areal 1.

A Xunta de Goberno Local en sesión ordinaria celebrada o día 21 de outubro de 2019, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual do Plan parcial Areal 1 para inclusión do uso dotacional sanitario, de iniciativa particular, promovido pola entidade Carrefour Property, S.L.U.

De conformidade co disposto no artigo 75.1 da Lei do solo de Galicia 2/2016, do 10 de febreiro, exponse ao público nas dependencias da secretaría municipal deste concello, polo prazo de dous meses contados desde o seguinte á inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que durante este poida ser examinado polos interesados e presentaren, se for o caso, as alegacións ou reclamacións que coiden pertinentes.

Así mesmo, procederase á notificación da dita aprobación aos correspondentes titulares catastrais.

Lalín, 9 de novembro de 2019

O alcalde
P.D. (Decreto da Alcaldía do 25.6.2019; BOP nº 129, do 8 de xullo)
Mª Paz Pérez Asorey
Concelleira delegada de Urbanismo