Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 11 de decembro de 2019 Páx. 52689

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lalín

ANUNCIO de aprobación definitiva da modificación do Plan parcial en SR-D.

O Pleno da Corporación Municipal de Lalín, na sesión celebrada o pasado día 25 de outubro de 2019, acordou:

Aprobar definitivamente a modificación do Plan parcial en SR-D en Lalín, de iniciativa particular e por instancia da Comunidade de Propietarios do Pontiñas Centro Comercial e de Ocio Gadis.

De acordo coa normativa vixente, procedarase a selar e dilixenciar o dito documento e a realizar os trámites previstos nos artigos 82 e 88 da Lei do solo de Galicia e no regulamento de desenvolvemento da dita lei.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

Lalín, 11 de novembro de 2019

O alcalde
P.D. (Decreto da Alcaldía do 25.6.2019; BOP núm. 129, do 8 de xullo)
María Paz Pérez Asorey
Concelleira delegada de Urbanismo