Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 11 de decembro de 2019 Páx. 52690

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Palas de Rei

ANUNCIO de información pública do Plan especial para dotacións para equipamento na Mámoa-Ferreira.

Aprobado inicialmente o Plan especial para dotacións para equipamento de albergue turístico na Mámoa-Ferreira por Resolución da Alcaldía núm. 2019-0437, do 20.11.2019, de conformidade co artigo 75.1.a) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous meses para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes ou obter copias, contando desde a última publicación no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, estará ao dispor na sede electrónica deste concello [http://palasderei.sedelectronica.es].

Quedan suspendidas as licenzas naqueles ámbitos do territorio cuxas novas determinacións supoñan modificación da ordenación urbanística vixente.

As áreas afectadas son as seguintes: predio con referencia catastral 27040A103002410000HG.

Palas de Rei, 20 de novembro de 2019

Pablo José Taboada Camoira
Alcalde