Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 11 de decembro de 2019 Páx. 52695

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Autoridade Portuaria de Vigo

ANUNCIO de convocatoria para a constitución dunha bolsa de traballo.

A Autoridade Portuaria de Vigo realiza convocatoria para constituír, mediante concurso-oposición, unha bolsa de traballo destinada a cubrir as necesidades de contratación temporal na ocupación de policía portuaria.

As bases da convocatoria e os impresos de solicitude están dispoñibles na páxina web www.apvigo.es e no taboleiro de anuncios da Autoridade Portuaria de Vigo, Praza da Estrela nº 1.

As solicitudes deberán presentarse, no prazo de dez (10) días naturais contados a partir do día seguinte á publicación deste anuncio, no Rexistro Xeral da Autoridade Portuaria de Vigo das 9.00 ás 14.00 horas, nos rexistros a que se refire o artigo 16.4 da Lei 39/2015 ou telematicamente a través da páxina web https://sede.apvigo.gob.es. Se o último día do prazo coincidir en sábado, domingo ou festivo, este finalizará no seguinte día hábil.

Vigo, 26 de novembro de 2019

Enrique César López Veiga
Presidente da Autoridade Portuaria de Vigo