Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 11 de decembro de 2019 Páx. 52619

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3737/2019-GA).

Tipo e número de recurso: RSU. Recurso de suplicación 3737/2019-GA

Xulgado de orixe/autos: despedimento/cesamentos en xeral 955/2017. Xulgado do Social número 3 da Coruña

Recorrentes: Antonio García Contreras, Sabina Mallo Ambroa

Avogado: Xoán Antón Pérez-Lema López

Recorridos: Fogasa, Foto Artús, S.L., María Mercedes García Seoane

Avogados: letrado/a de Fogasa, Isabel Cruz Valle.

Eu, María Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3737/2019 desta sala, seguido por instancia de Antonio García Contreras e Sabina Mallo Ambroa contra Fogasa, a empresa Foto Artús, S.L. e María Mercedes García Seoane, sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvemos que desestimamos o recurso de suplicación interposto polo avogado Xoán Antón Pérez-Lema López, en nome e representación de Antonio García Contreras e Sabina Mallo Ambroa, contra a Sentenza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, do 26 de marzo de 2019, en autos nº 955/2017, que confirmamos.

Déase o destino legal aos depósitos efectuados pola parte recorrente, que condenamos a que aboe os honorarios de letrada da parte demandante-impugnante na contía de seiscentos un euros (601 €).

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Sala do Social.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes ao da data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza».

Para que sirva de notificación en legal forma á empresa Foto Artús, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 18 de novembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza