Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 11 de decembro de 2019 Páx. 52621

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Primeira)

EDICTO (370/2018).

Na presente peza de apelación civil número 370/2018, dimanante do procedemento ordinario número 267/17 do Xulgado do Mercantil número 2 de Pontevedra, seguido por instancia de Diservan Dous, S.L. fronte a Eusebio Novas Carnero e outro, ditouse a sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Maxistrados: Francisco Javier Menéndez Estébanez, Manuel Almenar Belenguer, Jacinto José Pérez Benítez

A Sección Primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra, constituída polos maxistrados expresados con anterioridade, ditou, en nome do rei, a seguinte

Sentenza 356/2018

Pontevedra, 24 de outubro de 2018.

Vista peza de apelación tramitada co número 370/2018, dimanante do recurso de apelación interposto contra a sentenza pronunciada nos autos de xuízo ordinario seguidos co número 267/17 ante o Xulgado do Mercantil número 2 de Pontevedra, sendo apelante a demandante Diservan Dous, S.L., representada pola procuradora Sra. Álvarez Vázquez e asistida polo letrado Sr. Pérez Rodríguez, e apelados os demandados Eusebio Novas Carnero e Ver_PDF, declarados en situación procesual de rebeldía. É relator o maxistrado Manuel Almenar Belenguer.

Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito.

A sala falla que, estimando o recurso de apelación interposto pola procuradora Sra. Álvarez Vázquez, en nome de Diservan Dous, S.L., contra a sentenza pronunciada o 6 de marzo de 2018 polo Xulgado do Mercantil número 2 de Pontevedra, debemos revogar e revogamos a dita resolución e, na súa consecuencia, estimando a demanda presentada por Diservan Dous, S.L. contra Eusebio Novas Carnero e Ver_PDF, declarados en situación de rebeldía procesual, debemos condenar e condenamos os demandados a aboar á demandante, conxunta e solidariamente entre ambos a cantidade de 40.634,62 euros, máis os xuros legais desde a data de presentación da demanda.

Impóñense as custas de primeira instancia aos demandados, sen que haxa lugar a pronunciamento de condena respecto das derivadas do recurso.

Así por esta sentenza, xulgando definitivamente na instancia, pronúnciao, mándao e asínao a sala constituída polos maxistrados expostos na marxe.

Seguen as rúbricas. Certifico».

E atopándose o dito demandado, Eusebio Novas Carnero, en paradoiro descoñecido, e para que así conste e se remita ao Diario Oficial de Galicia, expídese o presente co fin que sirva de notificación en forma a este.

Pontevedra, 11 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza