Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 11 de decembro de 2019 Páx. 52623

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (287/2019).

No presente procedemento seguido por instancia de José Antonio Tuñón Suárez fronte a María Luisa López Rubio ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

Xuízo de divorcio contencioso número 1324/2018.

Xulgado de Primeira Instancia número 6.

Sentenza 287/2019.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2019.

Vistos por min, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 desta localidade e o seu partido xudicial, o presente xuízo de divorcio número 1324/2018, promovido polo procurador Sr. Belmonte Pose, en nome e representación de José Antonio Tuñón Suárez asistido da letrada Sra. Hernández Santos, fronte a María Luisa López Rubio, maior de idade, sinalada en autos, declarada en rebeldía procesual, e sen intervención da representante do Ministerio Fiscal ao non concorreren fillos menores de idade ou con capacidade modificada no citado matrimonio.

Decido que, estimando integramente a demanda de divorcio interposta polo procurador Sr. Belmonte Pose, en nome e representación de José Antonio Tuñón Suárez asistido da letrada Sra. Hernández Santos, fronte a María Luisa López Rubio, maior de idade, sinalada en autos, declarada en rebeldía procesual, e sen intervención da representante do Ministerio Fiscal ao non concorreren fillos menores de idade ou con capacidade modificada no citado matrimonio e, en consecuencia, debo decretar e decreto o divorcio do matrimonio contraído polos litigantes en data 14.7.1984 en Vilagarcía de Arousa, inscrito no tomo 43, páxina 210, Sección 2ª do Rexistro Civil desa localidade, transcorridos máis de tres meses de matrimonio, rexendo sociedade de gananciais.

Firme que sexa a presente resolución, remítanse os oportunos oficios para as procedentes anotacións rexistrais.

Non procede efectuar especial pronunciamento sobre as custas do presente proceso.

Esta resolución non é firme e fronte a ela cabe interpoñer recurso de apelación nos prazos e termos previstos na vixente Lei de axuizamento civil para a súa resolución pola Audiencia Provincial da Coruña (arts. 458 e 776 Lei de axuizamento civil) logo de consignación de depósito previsto na disposición adicional décimo quinta da LOPX.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 desta localidade e o seu partido xudicial.

Publicación: lida e publicada a anterior resolución en audiencia pública polo xuíz que a ditou, no día da data, dou fe.

E, encontrándose a devandita demandada, María Luisa López Rubio, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza