Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 11 de decembro de 2019 Páx. 52625

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (462/2019).

Eu, Cristina Cao Sánchez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela, polo presente anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de Alejandra Cecilia Pereira Roebuck (beneficiaria de xustiza gratuíta) fronte a Manuel Jesús Pereira Seoane ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza 462/2019.

En Santiago de Compostela o 12 de novembro de 2019.

Visto por min, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 desta localidade e o seu partido xudicial, o presente xuízo de divorcio 310/2019 promovido pola procuradora Sra. Esperanza Álvarez en nome e representación de Alejandra Cecilia Pereira Roebuck, asistida do letrado Sr. Varela Balay, fronte a Manuel Jesús Pereira Seoane, maior de idade, sinalado en autos, declarado en rebeldía procesual, e sen intervención da representante do Ministerio Fiscal ao non concorreren fillos menores de idade ou con capacidade modificada no citado matrimonio.

Decido que, estimando integramente a demanda de divorcio interposta pola procuradora Sra. Esperanza Álvarez, en nome e representación de Alejandra Cecilia Pereira Roebuck, asistida do letrado Sr. Varela Balay, fronte a Manuel Jesús Pereira Seoane, maior de idade, sinalado en autos, e sen intervención da representante do Ministerio Fiscal ao non concorreren fillos menores de idade ou con capacidade modificada no citado matrimonio, procede decretar a disolución por divorcio do matrimonio contraído polos litigantes o 12.6.2015 en Teo, inscrito no tomo 46, páxina 183, sección 2ª do Rexistro Civil desa localidade, transcorridos máis de tres meses de matrimonio, rexendo entre as partes réxime de separación de bens.

Firme que sexa a presente resolución, remítanse os oportunos oficios para as procedentes anotacións rexistrais.

Non procede efectuar especial pronunciamento sobre as custas do presente proceso.

Esta resolución non é firme e fronte a esta cabe interpoñer recurso de apelación nos prazos e termos previstos na vixente Lei de axuizamento civil para a súa resolución pola Audiencia Provincial da Coruña (arts. 458 e 776 Lei de axuizamento civil) logo de consignación de depósito previsto na disposición adicional décimo quinta da LOPX.

Así por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 desta localidade e o seu partido xudicial».

E encontrándose o devandito demandado, Manuel Jesús Pereira Seoane, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza