Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 11 de decembro de 2019 Páx. 52627

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (DCT 455/2019-P).

Eu, Sarai Paniagua Acera, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia numero 5 de Vigo, polo presente, anuncio:

No presente procedemento de divorcio 455/2019 seguido por instancia de María Patricia Iglesias Navarro fronte a Roberto Carrera Carrizo ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza número 370.

En Vigo, 14 de novembro de 2019.

María del Carmen Salvador Mateos, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo e o seu partido viu os autos seguidos neste xulgado baixo número 455/2019 sobre disolución por matrimonio por divorcio, actuando como demandante María Patricia Iglesias Navarro, representada pola procuradora dos tribunais Soledad Pérez González e con asistencia letrada de Dolores Otero Rodríguez, contra Roberto Carreira Carrizo, declarado en situación de rebeldía procesual, e con intervención do Ministerio Fiscal, sobre a base dos seguintes:

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Resolución:

Na demanda interposta pola procuradora dos tribunais Sra. Pérez González, en nome e representación de María Patricia Iglesias Navarro contra Roberto Carrera Carrizo, declarado en situación de rebeldía procesual, estimo esta e declaro disolto, por divorcio, o matrimonio formado os referidos cónxuxes, con todos os efectos legais inherentes á devandita declaración, realizando os seguintes pronunciamentos:

Primeiro. A filla menor do matrimonio quedará baixo a garda e custodia da Sra. Iglesias Navarro, quen exercerá en exclusiva a patria potestade sobre a menor.

Segundo. O Sr. Carrera Carrizo aboará en concepto de alimentos a favor da súa filla a suma de 90 euros mensuais que ingresará dentro dos cinco primeiros días de cada mes na conta corrente que para o efecto designe a nai e que se actualizará anualmente conforme á variación que experimente o índice de prezos de consumo.

Terceiro. Ambos os dous proxenitores aboarán por metade os gastos extraordinarios da menor, entre os que se encontran os médicos non cubertos pola Seguridade Social, sen que teñan esta consideración os libros de texto, material escolar, uniforme, comedor, transporte escolar nin as actividades extraescolares.

Cuarto. A menor poderá relacionarse co seu proxenitor cando ambos os dous libremente e de mutuo acordo o decidan entre eles.

Non ten lugar a facer especial pronunciamento sobre as custas.

Firme que sexa esta resolución, comuníquese ao Rexistro Civil onde consta a inscrición do matrimonio, co fin de que se proceda á súa anotación marxinal, deixándose constancia de tal circunstancia nos autos.

Modo de impugnación: recurso de apelación no prazo de vinte días, desde a notificación desta resolución, ante a Audiencia Provincial.

Así, por esta a miña sentenza da que se expedirá testemuño para a súa unión aos autos, pronúncioo, mando e asino.

E encontrándose o devandito demandado, Roberto Carrera Carrizo, en paradoiro descoñecido, expídase o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Vigo, 20 de novembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza