Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 11 de decembro de 2019 Páx. 52629

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (SSS 919/2016).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 919/2016 por instancia de María Luisa Blanco Torres contra Eptisa Servicios de Ingeniería, S.A. y Otros, sobre seguridade social, nos cales se ditou Sentenza do 13 de novembro de 2019 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución.

Desestímase a demanda formulada por María Luisa Blanco Torres fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a mutua Ibermutuamur e a empresa Eptisa Servicios de Ingeniería, S.A., e absólvense as devanditas entidades ou empresas das pretensións fronte a elas deducidas.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Eptisa Servicios de Ingeniería, S.A. expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 20 de novembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza