Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 11 de decembro de 2019 Páx. 52630

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (DOI 572/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 572/2019 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Víctor Manuel Barbeito Barral contra a empresa Eurofrut Santiago, S.L., o administrador concursal e Fogasa, sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

«Estímase a demanda interposta por Víctor Manuel Barbeito Barral contra Eurofrut Santiago, S.L. e contra o administrador concursal e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e extinguida a relación laboral con efectos da data desta sentenza e condeno a demandada a que lle aboe a Víctor Manuel Barbeito Barral a cantidade de 21.782,80 euros, en concepto de indemnización calculada a razón de 42,65 euros/día; así como os salarios de tramitación desde a data do despedimento, 28 de xuño de 2019, ata a data desta sentenza, por importe de 4.990,05 euros; todo iso sen prexuízo das responsabilidades legais do Fogasa.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina».

E para que sirva de notificación en legal forma a Eurofrut Santiago, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza