Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 11 de decembro de 2019 Páx. 52631

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de resolución (DOI 571/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 571/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Eugenio Fernández García contra a empresa Eurofrut Santiago, S.L., o administrador concursal e o Fogasa, sobre despedimento, foi ditada a resolución cuxa parte dispositiva di:

«Estímase a demanda interposta por Eugenio Fernández García contra Eurofrut Santiago, S.L. e o administrador concursal e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e extinguida a relación laboral con efectos da data desta sentenza, e condeno a demandada a aboar a Eugenio Fernández García a cantidade de 15.506,64 euros en concepto de indemnización calculada a razón de 41,27 euros/día, así como os salarios de tramitación desde a data do despedimento, 28 de xuño de 2019, até a data desta sentenza, polo importe de 4.828,59 euros; todo isto sen prexuízo das responsabilidades legais do Fogasa.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, para o cal basta a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina».

E para que sirva de notificación en legal forma a Eurofrut Santiago, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza