Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 12 de decembro de 2019 Páx. 52839

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 22 de novembro de 2019, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se notifica a resolución do recurso de alzada do 11 de novembro de 2019, ante a imposibilidade de notificación no domicilio.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do recurso de alzada do 11 de novembro de 2019, polo que procede á súa notificación por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Relacións Laborais da Dirección Xeral da Función Pública da Consellería de Facenda, sitas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela, 3º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a referida resolución que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme os artigos 8 e 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE núm. 167, do 14 de xullo).

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2019

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Expediente: recurso de alzada.

DNI: 44459331D.

Acto de notificación: resolución.