Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo a resolución denegatoria da súa solicitude de dereito á asistencia xurídica gratuíta acordada pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo, ao non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada a súa publicación no taboleiro de editos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, atópase á disposición das persoas interesadas na sede da Comisión de Asistencia Xurídica de Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres).
A presente resolución poderá ser impugnada polas persoas que teñan un dereito ou interese lexítimo no prazo de dez días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirixido á Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo) e será resolta polo xulgado correspondente que poderá impoñer, a quen a promovese, de maneira temeraria ou con abuso, unha sanción pecuniaria de 30 a 300 euros.
Lugo, 22 de novembro de 2019
Ramón Carballo Páez
Xefe territorial de Lugo
ANEXO
Expediente |
Solicitante |
Resolución |
PR204A2019/3739-2 |
Flori Adriana Vitez |
Denegatoria do dereito |
PR204A2019/3831-2 |
Natalia Campos Rodríguez |
Denegatoria do dereito |
PR204A2019/3965-2 |
Joaquim Barroso Pereira |
Denegatoria do dereito |