Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 12 de decembro de 2019 Páx. 52880

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A.

ANUNCIO de poxa da oferta pública de venda de inmobles propiedade do Instituto Galego de Promoción Económica.

Obxecto: poxa de oferta pública de venda de inmobles propiedade do Instituto Galego de Promoción Económica.

Prego de bases e documentación: o prego de bases polo que se fixan os criterios de venda e demais documentación poderá ser examinado na páxina web www.xesturgalicia.com e nas oficinas de Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A. das 9.00 ás 14.00 horas.

Presentación de proposicións: o prazo de presentación de proposicións para participar na poxa remata o día 13 de xaneiro de 2020 ás 14.00 horas, podendo facerse a presentación nas citadas oficinas de Xestur, S.A.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións realizarase o día 28 de xaneiro do 2020, ás 11.30 horas, nas oficinas na Sede Central de Xestur, S.A., no polígono das Fontiñas, Área Central, local 25 Z, 1º andar, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2019

María Doporto Santos
Xerente de Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A.