O presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, mediante a Resolución do 25 de outubro de 2019, acordou aprobar un concurso para outorgamento de autorizacións de dominio público co obxecto da ocupación de locais (19) de aparellos no edificio anexo á lonxa do porto de Ferrol, e aprobar o documento de licitación do concurso e o título de outorgamento das autorizacións.
1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao.
b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Servizos Xurídicos e Relacións Laborais.
c) Código de expediente: A-915.
2. Obxecto do contrato:
a) Descrición do obxecto: concurso para o outorgamento de autorizacións de dominio público co obxecto da ocupación de locais (19) de aparellos no edificio anexo á lonxa do porto de Ferrol.
b) Localización: porto interior de Ferrol.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación: taxas segundo o título concesional.
5. Garantías:
Provisional: non procede.
6. Explotación: contía e forma establecida no título concesional.
7. Obtención de documentación e información:
a) Entidade: Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao. Peirao de Curuxeiras, s/n, 15401 Ferrol. Teléfono 981 33 80 00; fax 981 33 80 01.
b) Data de obtención de documentación e información: a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no DOG.
8. Requisitos dos concursantes: os recollidos no prego de bases do concurso.
9. Criterios de adxudicación: os que figuran no prego de bases do concurso.
10. Presentación das ofertas:
a) Data límite: o prazo de presentación das proposicións será de vinte (20) días hábiles contados a partir do día seguinte ao de publicación do anuncio do concurso no Diario Oficial de Galicia. Se o día fixado é sábado ou inhábil, o prazo de presentación rematará o seguinte día hábil.
b) Documentación que integrará as ofertas: formularanse co disposto no prego de bases do concurso.
c) Lugar de presentación: Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao. Peirao de Curuxeiras, s/n, 15401 Ferrol.
11. Apertura das ofertas:
Acto de apertura: a apertura das ofertas realizaraa a mesa do concurso, que terá lugar no Edificio da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, sito no peirao de Curuxeiras, s/n.
12. Gastos do anuncio: serán por conta dos adxudicatarios do concurso.
Ferrol, 21 de novembro de 2019
José Manuel Vilariño Anca
Presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao