Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 13 de decembro de 2019 Páx. 52964

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 25 de novembro de 2019 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), anunciada pola Orde do 8 de outubro de 2019.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Amtega, anunciada pola Orde do 8 de outubro de 2019 (Diario Oficial de Galicia núm. 199, do 18 de outubro), de conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da mesma lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Amtega, anunciada pola Orde do 8 de outubro de 2019 (Diario Oficial de Galicia núm. 199, do 18 de outubro).

Segundo. Adxudicar destino, no posto de traballo que se indica, e seleccionar o funcionario que se relaciona no anexo desta orde.

Terceiro. O cesamento no destino actual do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días hábiles, contados a partir do seguinte ao da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días hábiles a partir do seguinte ao do cesamento, se non implica cambio de residencia, ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. Cando o funcionario obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días hábiles.

O cómputo dos prazos posesorios iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, se é o caso, fosen concedidos ao interesado. Nos supostos de baixa temporal ou transitoria, iniciarase a partir da correspondente alta.

Cuarto. A xefatura do centro en que cause baixa o funcionario, así como a daquel en que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión.

Quinto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o conselleiro de Facenda, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2019

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO

Apelidos e nome: Neira Barral, Manuel Ramón.

DNI: ***3378**.

Subgrupo: A2.

Corpo/escala: corpo xeral de xestión da Administración Civil do Estado.

Denominación do posto: Xefatura do Departamento de Contratación.

Código: PX.A11.00.002.15770.190.

Nivel: 28.

Dependencia: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

Localidade: Santiago de Compostela.

*O DNI amósase cifrado co fin de protexer os datos de carácter persoal.