Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 13 de decembro de 2019 Páx. 52928

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

EXTRACTO da Orde do 10 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de subvencións para a concesión directa de bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego correspondentes ao exercicio de 2020 (código de procedemento TR301V).

BDNS (Identif.): 485763.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

Poderán obter a condición de persoas beneficiarias das subvencións en concepto de bolsas e axudas obxecto da presente convocatoria as persoas traballadoras desempregadas que participen nas accións formativas recollidas no artigo 1 e que reúnan os requisitos exixidos con carácter xeral nesta orde e nos artigos que se refiren a cada tipo de bolsa ou axuda.

Segundo. Obxecto

1. A presente orde ten por obxecto regular o réxime da concesión directa de subvencións por parte da Consellería de Economía, Emprego e Industria en concepto de bolsas e axudas para as persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas no marco da formación profesional para o emprego financiada pola referida consellería, código de procedemento TR301V, coa excepción da formación incluída en programas integrados de emprego e obradoiros de emprego.

2. Por medio desta orde convócanse as devanditas subvencións, referidas ás accións formativas que se inicien no período comprendido entre o día da entrada en vigor desta orde e o 31 de outubro de 2020 (ambos inclusive).

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 10 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de subvencións para a concesión directa de bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego correspondentes ao exercicio de 2020 (código de procedemento TR301V).

Cuarto. Importe

A contía total prevista inicialmente para o período de vixencia da presente orde ascende a 6.500.000 euros, para 2020, con cargo á aplicación orzamentaria 09 41 323 A 480.0 con código proxecto 2013 00 545, que figuran na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2020.

Quinto. Prazo de presentación das solicitudes

1. A persoa traballadora desempregada deberá presentar a súa solicitude no prazo dun mes desde a súa incorporación á acción formativa, ou desde que teña lugar o feito causante que determina o dereito, coa data límite do 30 de novembro de 2020.

2. Por razóns organizativas as solicitudes presentadas como consecuencia da participación en accións formativas que comecen a partir da entrada en vigor desta orde deberán presentarse a partir do 1 de xaneiro de 2020, respectando o prazo máximo dun mes establecido no punto anterior.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2019

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria