Expediente-e: IN407A 2019/142-1.
Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: reforma da LMT VIM804 no parque empresarial da Ponte do Porto.
Concello: Camariñas.
Feitos:
1. O 29 de xullo de 2019, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da dita instalación de distribución eléctrica.
2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 38 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).
3. Solicitóuselles o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos de Augas de Galicia. Actualmente, non consta no expediente resposta dos organismos afectados, isto é, AXI, o Concello de Camariñas e a Deputación da Coruña, á solicitude nin á reiteración do condicionado solicitado.
4. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron informe favorable sobre a dita solicitude.
Consideracións legais e técnicas:
1. A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
2. O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.
3. O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.
4. O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
5. O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.
6. A Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).
7. As características técnicas da instalación son as seguintes:
• Actuación 1: LMTA a 20 kV de 113 m, condutor tipo LA-110 Al con orixe no apoio núm. 83 existente, tipo HV-12/1500 da LMT VIM804, no treito entre a derivada aos CC.TT. Figaredo e Braño (expediente 110/03) e a derivada ao CT Curros A Ponte do Porto (expediente 274/06) e remate no apoio núm. 86 proxectado, tipo C-14/3000, con PA/S que se intercalará na LMT VIM804 no treito entre a derivada aos CC.TT. Figaredo e Braño (expediente 110/03) e a derivada ao CT Curros A Ponte do Porto (expediente 274/06). O apoio 86 será un dos extremos da liña subterránea proxectada no polígono industrial (expediente IN407A2018/167-1). Retirarase un apoio próximo ao apoio 86 proxectado tipo HV-400/11.
• Actuación 2: LMTA a 20 kV de 363 m, condutor tipo LA-110 Al con orixe no apoio núm. 87 proxectado, tipo C-14/4500, con PA/S da LMT VIM804 onde se realiza actualmente a derivación ao CT Curros A Ponte do Porto (expediente 274/06) e remate no apoio existente núm. 90, tipo C-12/3000 da LMT VIM804, no treito entre a derivada ao CT Curros A Ponte do Porto (expediente 274/06) e a derivada ao CT A Grixa (15XWD8). O apoio 87 será un dos extremos da liña subterránea proxectada no polígono industrial (exptediente:IN407A2018/167-1). Retirarase un apoio próximo ao apoio 87 proxectado tipo HV-400/13.
O orzamento da instalación, segundo o proxecto, é de 8.726,11 €.
8. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.
De acordo con todo o indicado,
RESOLVO:
1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á dita instalación de distribución eléctrica.
2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.
3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:
• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.
• Un certificado do/a director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.
4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.
Mediante este documento notifícaselle á empresa promotora esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
A Coruña, 22 de novembro de 2019
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña