Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 13 de decembro de 2019 Páx. 52997

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Pontevedra (expediente IN407A 2019/188-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción para a instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo 204, 36207 Vigo.

Denominación: substitución das LMTS MUR820 e MUR805 Montecelo.

Situación: Pontevedra.

Características técnicas:

– Actuación 1: substitución do condutor RHV 150 por RHZ1 240, nun tramo de 377 metros da LMT subterránea MUR820 de 20 kV, comprendido entre os puntos A, con coordenadas (531675, 4697934), á altura do CT avenida Montecelo, e o punto B, con coordenadas (531658, 4697604), indicados no plano de manobras eléctricas do proxecto.

– Actuación 2: substitución do condutor RHV 150 por RHZ1 240, nun tramo de 683 metros da LMT subterránea MUR805 de 20 kV, comprendido entre os puntos C, con coordenadas (531675, 4697934), á altura do CT avenida Montecelo, e o punto D, con coordenadas (531658, 4697604), logo da entrada e saída no CT Villa Colón, indicados no plano de manobras eléctricas do proxecto.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro), esta xefatura territorial resolve:

Conceder autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción para a devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nas condicións dos organismos que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución. Tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente en dereito.

Pontevedra, 22 de novembro de 2019

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra