Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 13 de decembro de 2019 Páx. 52999

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ACORDO do 21 de novembro de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se dá publicidade ao inicio dos expedientes de reintegro das axudas ao estudo.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese a dar publicidade á parte substantiva do acordo adoptado polo xefe territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional na Coruña:

«Primeiro. Iniciar o procedemento de reintegro das bolsas concedidas, identificadas no anexo desta resolución.

Segundo. Pór á disposición dos interesados os expedientes para que, consonte o previsto no artigo 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no BOE, aleguen e presenten os documentos e xustificacións que coiden pertinentes ante a Sección de Bolsas da Xefatura Territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 9º, da Coruña.

Transcorrido este prazo, a Dirección Xeral de Formación e Orientación Universitaria do Ministerio de Educación, se é o caso, ditará resolución que determine tanto a procedencia do reintegro como a liquidación dos xuros de demora correspondentes desde o momento do pagamento da bolsa.

Non obstante, no suposto de que o interesado estea conforme coa obriga do reintegro, poderá facer efectivo este en calquera banco ou caixa de aforros, facendo uso dos documentos habilitados para o efecto, dándose así por concluído o expediente.

No mesmo prazo poderá solicitar na súa delegación do Ministerio de Economía e Facenda o aprazamento ou fraccionamento do pagamento. Neste último caso, a solicitude de aprazamento considerarase un recoñecemento da débeda».

A Coruña, 21 de novembro de 2019

Indalecio Cabana Leira
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

NIF/NIE interesado/a

Importe

Curso

Causa

49683313R

618,39 €

2017/18

1,10

05290057B

1.928,70 €

2017/18

1,10

X2864678M

2.047,10 €

2017/18

1,10

54150534R

450,47 €

2017/18

1,10

35625838B

260,00 €

2017/18

1,10

49685299D

2.070,93 €

2017/18

1,10

32713077Q

260,00 €

2017/18

1,1