Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 16 de decembro de 2019 Páx. 53282

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 5 de decembro de 2019 pola que se amplía o prazo de realización do terceiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas.

A Orde da Consellería de Facenda, do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 48, do 8 de marzo), pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, dispón na base II.1.1.3 que o prazo máximo para a realización do terceiro exercicio será de corenta (40) días hábiles contados desde o remate do exercicio anterior.

O segundo exercicio da fase de oposición correspondente ao proceso selectivo que se cita foi realizado o día 22 de outubro de 2019.

Diversas cuestións de carácter organizativo impiden o cumprimento do prazo a que se fai referencia no parágrafo primeiro polo que, consonte coa proposta elevada polo tribunal cualificador e de conformidade co establecido no artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, esta consellería

DISPÓN:

A ampliación do prazo de realización do terceiro exercicio do proceso selectivo no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, en vinte (20) días hábiles.

Contra este acordo de ampliación de prazo non cabe recurso, de acordo co disposto no artigo 32.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2019

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda