Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 16 de decembro de 2019 Páx. 53288

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense

EDICTO (563/2018).

No procedemento de referencia ditouse a Sentenza do 24.1.2019, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza:

Ourense, 24 de xaneiro de 2019

Vistos por Ana Marta Manjón Manjón, maxistrada xuíza accidental do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense, os presentes autos de xuízo verbal rexistrados baixo o n° 563/2018, seguidos por instancia da procuradora Sra. Sánchez Izquierdo, en nome e representación de José Luis Díaz Suárez, que actúa en nome propio e en representación do seu pai, Luis Díaz Pérez, dirixido pola letrada Sra. Cortiñas Lorenzana, contra Yodely Pérez Contreras, representada polo procurador Sr. Enríquez Naharro, dirixida pola letrada Sra. Portela Liz, así como contra Víctor Andrés Pérez Guzmán, no seu propio nome e representación, sobre reclamación de cantidades debidas, resolvo sobre a base dos seguintes,

Seguen antecedentes de feito...

Seguen fundamentos de dereito...

Resolución:

Que estimando integramente a demanda interposta pola procuradora Sra. Sánchez Izquierdo, en nome e representación de José Luis Díaz Suárez, que actúa en nome propio e en representación do seu pai, Luis Díaz Pérez, contra Yodely Pérez Contreras, representada polo procurador Sr. Enríquez Naharro, así como contra Víctor Andrés Pérez Guzmán, no seu propio nome e representación, debo condenar e condeno solidariamente a ambos os demandados a pagar ao demandante a cantidade de 945 euros máis o xuro legal correspondente, con imposición das custas procesuais causadas aos demandados.

Contra esta sentenza non cabe a interposición de recurso de apelación, conforme o previsto no artigo 455.1 da LAC.

Notifíquese esta resolución ás partes, cuxo orixinal quedará rexistrado no libro de sentenzas, e quedará testemuño nestes autos.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Víctor Andrés Pérez Guzmán, expídese esta cédula para que sirva de notificación.

Ourense, 1 de marzo de 2019

O/a letrado/a da Administración de xustiza