Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Martes, 17 de decembro de 2019 Páx. 53530

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Laracha

ANUNCIO de procesos de consolidación de emprego temporal.

De conformidade co disposto na oferta de emprego aprobada por Resolución da alcaldía do 20 de outubro de 2016, publicada no BOP o día 27 de outubro de 2016, en data 24 de outubro de 2019 (rectificación do 15 de novembro de 2019 para as bases de auxiliar de centro da terceira idade-coordinador/a) foron publicadas integramente no BOP as bases previamente aprobadas por alcaldía de concurso-oposición para:

1º. Proceso de consolidación de emprego para provisión en propiedade dunha praza de psicólogo/a-director/a de CIM como persoal laboral fixo deste Concello da Laracha.

2º. Proceso de consolidación de emprego para a provisión en propiedade dunha praza de axente de desenvolvemento local como persoal laboral fixo deste Concello da Laracha.

3º. Proceso de consolidación de emprego para a provisión en propiedade dunha praza de técnico medio de Servizos Sociais como persoal laboral fixo deste Concello da Laracha.

4º. Proceso de consolidación de emprego para a provisión en propiedade dunha praza de auxiliar da oficina de Información Xuvenil como persoal laboral fixo deste Concello da Laracha.

5º. Proceso de consolidación de emprego para a provisión en propiedade dunha praza de auxiliar de centro da terceira idade-coordinador/a como persoal laboral fixo deste Concello da Laracha.

O prazo para a presentación de instancias será de vinte (20) días hábiles contados desde a publicación no BOE tal e como recollen as bases do proceso.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidad e coas bases, faranse públicos na forma prevista nelas.

A Laracha, 21 de novembro de 2019

José Manuel López Varela
Alcalde