Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Martes, 17 de decembro de 2019 Páx. 53531

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribadeo

ANUNCIO de convocatoria do posto de chofer de rozadora interino, programa temporal.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 270, do 25 de novembro de 2019, publícanse integramente as bases reguladoras do acceso a un posto de carácter interino de chofer de tractor-rozadora para desenvolvemento dun programa temporal ao abeiro do disposto no artigo 10 do EBEP.

De conformidade co previsto na base 8ª das referidas bases, o prazo para presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados a partir do seguinte a aquel en que apareza publicado o extracto de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Os sucesivos anuncios realizaranse no BOP de Lugo e no taboleiro de anuncios do Concello de Ribadeo.

Ribadeo, 25 de novembro de 2019

Fernando Suárez Barcia
Alcalde