Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Mércores, 18 de decembro de 2019 Páx. 53604

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 5 de decembro de 2019 pola que se exclúe unha persoa aspirante admitida ao proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna e cambio de categoría, nas categorías 14 (bombeiro/a forestal), 14A (bombeiro/a forestal condutor), 10B (vixilante fixo/a de defensa contra incendios forestais) e 10C (emisorista de defensa contra incendios forestais), correspondentes ao grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 18 de setembro de 2017 (Diario Oficial de Galicia número 182, do 25 de setembro).

Mediante a Orde da Consellería de Facenda do 18 de setembro de 2017 (DOG núm. 182, do 25 de setembro), convocouse o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna e cambio de categoría, nas categorías 14 (bombeiro/a forestal), 14A (bombeiro/a forestal condutor), 10B (vixilante fixo/a de defensa contra incendios forestais) e 10C (emisorista de defensa contra incendios forestais), correspondentes ao grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

Mediante a Resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 6 de marzo de 2018 (DOG núm. 52, do 14 de marzo), aprobáronse e fixéronse públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna e cambio de categoría, na categoría 14 (bombeiro/a forestal) do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

A base I.2.7 da devandita convocatoria dispón: «Non poderá participar no proceso selectivo o persoal laboral fixo que xa pertenza á categoría profesional obxecto desta convocatoria».

En virtude das actuacións realizadas en aplicación da base I.2.7, constátase que unha persoa aspirante, incluída como admitida con carácter definitivo na referida Resolución do 6 de marzo de 2018, non cumprían o requisito de pertencer a distinto grupo o categoría, exixido na Orde do 18 de setembro de 2017 para participar no proceso selectivo para o ingreso pola quenda de promoción interna e cambio de categoría, nas categorías 14 (bombeiro/a forestal), 14A (bombeiro/a forestal condutor), 10B (vixilante fixo/a de defensa contra incendios forestais) e 10C (emisorista de defensa contra incendios forestais), correspondentes ao grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, e vista a proposta de exclusión realizada pola Dirección Xeral da Función Pública, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Excluír do proceso selectivo para o ingreso no pola quenda de promoción interna e cambio de categoría, nas categorías 14 (bombeiro/a forestal), 14A (bombeiro/a forestal condutor), 10B (vixilante fixo/a de defensa contra incendios forestais) e 10C (emisorista de defensa contra incendios forestais), correspondentes ao grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde de 18 de setembro de 2017 (DOG núm. 182, do 25 de setembro), á seguinte persoa aspirante:

NIF

Nome e apelidos

***1338*N

Nieves Rodríguez, María Susana

Segundo. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou impugnala directamente ante a sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2019

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda