Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Mércores, 18 de decembro de 2019 Páx. 53606

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 5 de decembro de 2019 pola que se modifica a composición do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.

Unha vez presentadas as renuncias da presidenta titular e do presidente suplente do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 48, do 8 de marzo) e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Aceptar as renuncias presentadas por Teresa Carrera Babarro como presidenta titular e de Francisco Tomás Couso González como presidente suplente do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.

Segundo. Nomear no seu lugar como presidente titular do dito tribunal a Francico Tomás Couso González, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e como presidenta suplente a María Yolanda Blanco Varela, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2019

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda