Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Mércores, 18 de decembro de 2019 Páx. 53607

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 10 de decembro de 2019 pola que se amplía o prazo de realización do segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información.

A Orde da Consellería de Facenda do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 48, do 8 de marzo), modificada pola Orde do 13 de marzo de 2018 (DOG núm. 59, do 23 de marzo) pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, dispón na base II.1.1.2 que o prazo máximo para a realización do segundo exercicio será de 40 días hábiles contados desde o remate do exercicio anterior.

O primeiro exercicio da fase de oposición correspondente ao proceso selectivo que se cita foi realizado o día 7 de novembro de 2019.

Diversas cuestións de carácter organizativo impiden o cumprimento do prazo a que se fai referencia no parágrafo primeiro polo que, consonte a proposta elevada polo tribunal cualificador e de conformidade co establecido no artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, esta consellería

DISPÓN:

A ampliación do prazo de realización do segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, en vinte días hábiles.

Contra este acordo de ampliación de prazo non cabe recurso, de acordo co disposto no artigo 32.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2019

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda