Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Mércores, 18 de decembro de 2019 Páx. 53608

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 11 de decembro de 2019 pola que se nomean os membros do tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados.

Unha vez convocado o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados, pola orde da Consellería de Facenda do 22 de abril de 2019, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 80, do 26 de abril, e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2019

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO

Corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados

• Tribunal titular:

Presidencia: Isabel Álvarez Caramés, persoal funcionario pertencente ao corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de letrados.

Secretaría: José Luis Benedito Cadórniga, persoal funcionario pertencente ao corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de letrados.

Vogais:

– María Dolores Rivera Frade, maxistrada do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

– María Isabel Rossell López, persoal funcionario pertencente ao corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala superior de finanzas.

– Luis Míguez Macho, profesor titular da área de Dereito Administrativo na Universidade de Santiago de Compostela.

• Tribunal suplente:

Presidencia: Paula Nieto Grande, persoal funcionario pertencente ao corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de letrados.

Secretaría: Marta de la Fuente López, persoal funcionario pertencente ao corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de letrados.

Vogais:

– Fernando Fernández Leiceaga, maxistrado do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

– Juan José González Acevedo, funcionario pertencente ao corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, escala superior de finanzas.

– José Manuel Busto Lago, catedrático de Dereito Civil na Universidade da Coruña.